Sin categoría

O PP de Baiona pide que se respecte o patrimonio cultural dos lavadoiros e se limpe tamén a súa contorna

O grupo municipal popular de Baiona reclama ao equipo de goberno que xestiona o Concello que os labores de mantemento dos lavadoiros que están a levar a cabo nos últimos días respecten o patrimonio cultural destas estruturas e realícense con rigor histórico para que continúen coa súa imaxe orixinal e integradas na contorna. Concretamente, no lavadoiro do Burgo, pintouse o interior do pilón dun azul piscina que, a xuízo do PP, é un “erro” que non debería volver repetirse.

Os traballos de limpeza, que non de restauración, que está a realizar o Concello cínguense unicamente á estrutura do propio lavadoiro pero ignoran a contorna que continúa abandonada. A poucos metros atopamos grafitis que non se limpan e maleza que asolaga os arredores e que permanece durante meses sen que o goberno local decida eliminala.

Como vén denunciando o PP, esta imaxe é habitual tanto no rural baionés como tamén no centro urbano. Precisamente, a senda do Río Baíña, integrada dentro do paseo fluvial voladizo, está considerada un paraíso natural cada vez máis visitado por veciños e turistas e, con todo, está cuberto por silbas que non só dan aspecto de abandono senón que coa chegada das choivas supón risco de inundacións e un perigo para os cidadáns. A limpeza dos tramos urbanos dos ríos é competencia municipal e o goberno que lidera o socialista Carlos Gómez tamén a está deixando de lado.

Por todo isto, os populares piden ao executivo local que realicen unha actuación “integral” nos lavadoiros e a súa contorna para a súa posta en valor de forma “correcta” sen danar estes elementos patrimoniais tan valiosos na cultura galega, algúns deles aínda utilizados polos veciños, e que xogaron un papel tan importante ao longo da historia social de Baiona. Por iso é polo que pidamos ao goberno local “que teña maior sensibilidade co noso patrimonio etnográfico”.