Sin categoría

Rescatan dun contedor en Gondomar a tres gatos recén nacidos

Unha patrulla da Policía Local de Gondomar rescatou o mércores a tres gatos recén nacidos. Os animais estaban dentro dunha bolsa pechada, no interior dun contedor da parroquia de Chaín, e baixo unha morea de lixo. Foron os veciños os que deron o aviso, xa que os maullidos dos animais escoitábanse en toda a contorna. Fíxose cargo deles a protectora Proyecto Gato.