Os rebrotes obrigan a aprazar o Campionato de España por equipos de bolo celta

FOTO: FERNANDO GONZÁLEZ ALONSO // VIII Torneo de San Fiz de Bolos Celta.

A Federación Galega de Bolos informa que debido aos rebrotes do Covid-19 da ultima semana producidos no Val Miñor (Galicia) e Cangas de Narcea (Asturias), o Campionato de España por equipos de bolo celta que ía celebrarse en Tineo e Cangas de Narcea, esta fin de semana, no que participaban 7 equipos galegos, 8 da comunidade asturiana e 1 da comunidade madrileña, foi aprazado ata nova data. O campionato podería celebrarse na primeira quincena do mes de outono, sempre que a pandemia, e as autoridades sanitarias e deportivas, o permitan.