Festividade de Santa Marta no barrio do Burgo

O barrio baionés do Burgo celebra este sábado 15 de agosto a festividade de Santa Marta na Capela que leva o seu nome. Ás 12:00 horas terá lugar a Misa Solemne na chaira do templo, que estará aberto desde as 10:00 ata as 14:00 horas para poder visitar e venerar a imaxe de Santa Marta. Pola tarde haberá misa ás 21:15 horas.