Noite de jazz en Sabarís con Martín Verde Trío

O xoves e o venres o mellor jazz chega a Baiona da man de dúas formacións de recoñecido prestixio internacional: o xoves actuará no Parque da Palma ás 23:00 horas Fernando Sánchez Quartet, e o venres, será Martín Verde Trío, cun concerto ás 23:00 horas na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.

Pecharase ao tráfico desde as 14:30 horas o tramo de estrada desde a esquina da Avda. Julián Valverde coa Rúa Victoria Cadaval ata o cruce de Julián Valverde coa Rúa Porto do Sol. Non se poderá estacionar nese tramo, paralelo á Praza de Victoria Cadaval, desde as 14:00 horas.