Prohibidas as visitas ás dúas residencias de Gondomar por un brote que afecta a 7 persoas

Segundo informan desde o Sergas, nas últimas horas xurdiron 3 novos brotes na Área Sanitaria de Vigo.

O primeiro afecta a 7 persoas e corresponde ao Val Miñor. Como consecuencia, adoptouse a decisión de pechar as visitas ás dúas residencias que hai en Gondomar, unha de maiores e outra de persoas con discapacidade. Tivo a súa orixe nunha reunión de amigos.

O segundo, produciuse no ámbito familiar no municipio de Salvaterra de Miño, e afectou a 3 persoas. E o terceiro está en Vigo, afecta a 4 persoas novas e produciuse tras unha viaxe fóra de Galicia.