Sin categoría

O jazz e o humor protagonizan esta semana o Baiverán de Baiona

Mañá martes continúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro o Baiverán 2020.

O cine abrirá esta semana de programación coa proxección en pantalla xigante do éxito “Yesterday”. Será ás 23:00 horas, no Parque da Palma.

Xa o mércores, ás 23:00 horas, no Parque da Palma, será a quenda do humor da man do coñecido actor galego de teatro e series de televisión Avelino González que trae o seu monólogo “Sereas, dragóns e pistas de baile”. O polifacético actor sorpréndenos con este novidoso espectáculo de narración oral, teatro, audiovisual e humor no que mestura o vello co novo para falar de amor.

Dous grupos de jazz

O xoves e o venres o mellor jazz chega a Baiona da man de dúas formacións de recoñecido prestixio internacional: “Fernando Sánchez Quartet” e “Martín Verde Trío”. O primeiro, actúa no Parque da Palma ás 23:00 horas. Pola súa banda, o guitarrista Martín Verde sóbese ao escenario na Praza Victoria Cadaval, tamén ás 23:00 horas da noite.

Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.