Gondomar ofrece en agosto roteiros guiados polo municipio

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Turismo, desenvolverá durante o mes de agosto unha nova edición de roteiros guiados na que se achegará aos participantes a distintos puntos de interese que existen no municipio. Será precisa a reserva de praza previa a través do correo oficinadeturismo@concellodegondomar.gal ou no teléfono 678 874 985. Os grupos serán de 25 persoas e as prazas asignaranse por orde de solicitude.

“Descobre Gondomar” arrancará ás 11:00 da mañá este xoves, día 13 de agosto, cunha visita guiada por Gondomar, partindo da Praza Paradela, ata o acceso do Pazo do Conde, roteiro que se repetirá os días 18 e 25 de agosto. O programa este ano completarase cun percorrido en torno á marxe do río Miñor os días 20, 24 e 27 de agosto, dando a oportunidade a quen se some a esta camiñada de coñecer e contemplar as pezas etnográficas e paraxes naturais da contorna.