Gondomar clausura o obradoiro de creación de cómics

Os cativos e cativas que participaron no obradoiro de creación de cómics organizado pola Concellería de Xuventude de Gondomar despedíronse hoxe desta iniciativa amosando a súa calidade como artistas e a madeira que teñen como futuros/as ilustradores gráficos.

Durante unha semana, os 15 mozos e mozas participantes, de entre 9 e 17 anos, aprenderon as nocións básicas para dar forma ás historias que querían plasmar nas viñetas e convertelas en divertidos e orixinais cómics que esta mañá amosaron durante a clausura do obradoiro.

A iniciativa, que se desenvolveu en horario de 11:00 a 13:00 horas, forma parte das actividades que nos meses de xullo e agosto organizáronse dende o goberno pensando en dar alternativas a mocidade axustándose sempre ás normas que rexen na chamada “nova normalidade”.