Gondomar segue a desenvolver o seu programa “Cultura de Verán” no que esta noite está prevista a actuación do grupo “The Riggos”, a partir das 22:00 horas na Praza Paradela. O grupo de rock naceu hai nove anos, creado inicialmente por Bruno Costas e Yago Ray Costas, aos que se sumarían despois Denís Carballás e Arturo Peixoto. Comezando como formación de versións hoxe en día contan cun amplo repertorio de cancións coas que farán desta noite de venres unha velada chea de moito ritmo.
Concerto de The Riggos en Gondomar

