Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este venres e sábado en Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Nigrán.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este venres e sábado, 7 e 8 de agosto, o municipio de Nigrán. Estará situada diante do Concello, o venres de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas, e o sábado de 10:00 a 15:00 horas. Lembramos que desde o luns 23 de marzo, todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828, xa que comezouse a doar sangue mediante o sistema de cita previa para facilitar o acceso dos doantes e respectar escrupulosamente as medidas establecidas no Real Decreto 462/2020 do 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.