
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán “Equilibrio Natural”, ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no roteiro guiado deste xoves 6 polo litoral con saída ás 10:00 horas desde a Alameda de San Campio en A Ramallosa e o sábado en Parada (roteiro de “Os Mouros”) con saída ás 10:00 desde a rúa Areíña. As prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. O Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico. O seguinte roteiro será o martes 11 por Monteferro coincidindo co solpor.