A Parroquia de Parada emitirá a Misa da Virxe da Saúde a través de internet

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Virxe da Saúde de Parada.

A Parroquia de Santiago de Parada de Miñor celebra este domingo a festividade da Virxe da Saúde. Debido á crise sanitaria provocada polo Covid-19 suprimíronse as Misas do Día da Saúde. A Eucaristía emitirase desde o Santuario a través de internet, en directo, o domingo día 2 de agosto ás 11:00 da mañá. Os devotos poderán seguir a celebración no perfil de Twitter do Santuario. A ligazón á emisión quedará colgada na Rede para que poidan vela noutra hora ou noutro día.