Club Naval e Javier Araújo, nos concertos de verán de Talaso Atlántico

Club Naval e Javier Araújo serán as propostas musicais deste ano nos concertos de verán de Talaso Atlántico. Esta noite, 31 de xullo, a partir das 22:30 serán o vigueses Club Naval os que actúen na terraza do hotel. A banda repetirá actuación o vindeiro xoves, 6 de agosto.

O cantante Javier Araújo, coñecido por imitar as voces de intérpretes como Serrat, Julio Iglesias, Manolo García, Carlos Cano, Eros Ramazzotti ou Franz Ferdinand farao os días 8, 13, 14 e 15 de agosto, tamén a partir das 22:30 horas, co seu espectáculo “As voces de Javier”.

Os concertos realizaranse nunha contorna segura e respectando as normas hixiénico-sanitarias impostas polas autoridades.