O espectáculo Mitic protagoniza unha das semanas máis completas do Baiverán baionés

Hoxe martes continúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro o Baiverán 2020. Logo do éxito de público a pasada semana no concerto de Xabier Díaz e As Adufeiras do Salitre, esta que entra será unha das semanas más completas da programación. Concertos, o aplaudido espectáculo Mitic, un musical dos 80 ou un espectáculo de circo protagonizan a semana.

O cine abrirá esta semana no Parque da Palma. Hoxe, ás 23:00 horas, proxectarase en pantalla xigante o filme “X-Men: Fénix Oscura”.

O mércores, tamén no Parque da Palma ás 23:00 horas da noite, terá lugar o concerto do grupo Habitación Vudú, o cuarteto ourensán composto por Isidro Vidal, José Freiría, Justo Freiría y Rubén Seoane.

O xoves volve a música en directo ao Parque da Palma, tamén ás 23:00 horas, co concerto do grupo Los Motores, o grupo de rock duro galego orixinario de Vigo que triunfou na década dos 90 e que hoxe volve pisar escenarios.

Unha fin de semana de grandes espectáculos

Chegado o venres, o Parque da Palma converterase no escenario dunha variada oferta de espectáculos. O venres, ás 23:00 horas, chega a Baiona o aplaudido espectáculo Mitic. A banda Mitic realiza un espectáculo que non deixa indiferente a ninguén. Scorpions, Bon Jovi, Edith Piaf, The Mamas & The Papas, Europe o Carlos Gardel son só algúns dos artistas que interpretan a través da gaita.

O sábado, tamén ás 23:00 horas, terá lugar o concerto musical dos 80 onde o público poderá desfrutar dun espectáculo para rememorar aquela época cos temas más coñecidos daqueles anos.

Xa o domingo, pensando nos máis pequenos e familiar, o público poderá desfrutar da maxia do circo da man de Asacocirco Show. Este espectáculo será as 20:30 horas, tamén no Parque da Palma.

Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.