Controlado un incendio forestal en Vilaza

Os servizos de extinción deron por controlado ás 14:10 horas desta tarde un incendio forestal que se declarou ás 11:25 da mañá na parroquia gondomareña de Vilaza. Na súa extinción participan 4 axentes, 5 brigadas, 7 motobombas e 1 helicóptero. Segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural afectou a unha superficie de 0,69 hectáreas de arboledo. Ata a zona tamén se desprazaron axentes da Garda Civil e da Policía Local, ademais do GES de Val Miñor.

🎥 VIDEO: Controlado un incendio forestal en Vilaza.

Publicado por Valmiñor TV en Lunes, 27 de julio de 2020