Concerto da Banda de Música de San Miguel e da charanga Vai de Baile en Parada

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Comisión de Festas de Parada e con motivo da festividade de Santiago e Santa Ana, ofrece diferentes actividades para este fin de semana na parroquia. Así, o sábado 25 de xullo a mediodía o concerto da Banda de Música de San Miguel de Oia no Torreiro. Así, a banda tocará algunha peza antes da Misa Maior das 12:00 e posteriormente, sobre as 13:00 horas, ofrecerá un concerto. Ao día seguinte, domingo 26, día de Santa Ana, o Concello ofrece a actuación da charanga “Vai de Baile” con algún tema antes da misa e, a continuación, ás 13:00 horas, un concerto. Estas actuacións encádranse no programa municipal “Música nas Parroquias”, que consiste nunha actuación en sesión vermú na festividade de cada parroquia de Nigrán e algunha outra actividade extra, xa que na maioría dos casos non hai verbena por mor das circunstancias sanitarias.