
O Servizo Marítimo da Garda Civil de Pontevedra recibiu aviso esta tarde dunha embarcación que se atopaba á deriva nas inmediacións das Illas Estelas, fronte a Monteferro. No pequeno barco de recreo navegaban dous adultos, dous nenos e un can. Tras ser localizada, a embarcación foi remolcada polos axentes ata o porto de Baiona.