Este xoves celebrouse en Xoiería Tula a presentación da súa nova colección “Tula coiro”. En presenza dos múltiples convidados que asistiron ao acto mostráronse as pulseiras, colares e pendentes de innovador deseño fabricados en coiro e bronce por esta céntrica xoiería de Baiona. O evento, ao que asistiron unhas cincuenta persoas, fíxose en colaboración con Pedro Villamarín, que elabora o viño ribeiro A Cova do Lebre, que se puido degustar na presentación.



