Primeiro Beachmarket do verán en Dunas de Gaifar

O Concello de Nigrán colabora cos comerciantes de A Ramallosa na celebración este domingo de 11:00 a 22:00 horas do seu primeiro Beachmarket no espazo deportivo Dunas de Gaifar. Alí terán á venda os seus produtos con diferentes promocións e descontos. Moda para muller, cabaleiro e nenos, calzado, bixutería e complementos, lenzaría e baño, decoración, alimentación ecolóxica e ademais restauración con tapas, creps, xeados e cócteles. Ao longo do verán seguirán a celebrar este evento, sendo o vindeiro deles o domingo 26.