Este domingo día 19 de xullo ás 21:00 horas os nenos e nenas de Nigrán terán unha actuación de teatro expresamente programada para eles. Teatro do Ar vai estrear a súa obra “Contos para nenos modernos”, que consiste de catro pequenas obras de 15 minutos baseadas en contos clásicos como Carapuchiña Vermella, Robin Hood, o Patiño Feo, e Matapiollos.
No grupo de teatro do municipio explican que os “contos non será como os coñecemos”. Os actores adaptaron estas catro historias a problemas da sociedade actual como o acoso na escola, a contaminación dos mares e dos ríos, ou a situación dos máis pequenos durante o confinamento.
O espectáculo ten entrada gratuíta e durara ao redor dunha hora. Os nenos verán pasar polo escenario patos, lobos, cregos, e a ata tritóns. Todas obras pensadas para que o pasen ben, pero para que tamén poidan reflexionar sobre asuntos que afectan a todos, pequenos e maiores.


