Concerto de La Banda de Mazinger en Sabarís

A Concellería de Cultura de Baiona ofrece este venres, día 17 de xullo, un concerto de La Banda de Mazinger, ás 23:00 horas na Praza Victoria Cadaval de Sabarís, dentro da programación Baiverán 2020. La Banda de Mazinger é unha proposta que rememora os éxitos nacionais da dourada década do 80’s. Nos seus concertos pódense escoitar os “hits” máis exitosos dos 80’s, cancións que debuxaron a década máis musical de todas… unha viaxe no tempo que fará vibrar ao público de principio a fin. A Avda. Julián Valverde permanecerá pechada ao tráfico desde a Praza Victoria Cadaval ata a esquina da Cafetería Jonathan.