Volve a competición de bolo celta cos Campionatos Galegos individuais e de parellas

A Federación Galega de Bolos, tras o estado de confinamento decretado polo Covid-19 e despois de que se aprobara pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia o protocolo de actuacións para o inicio dos torneos e campionatos, procede a partir do próximo fin de semana ao inicio das súas actividades. Neste caso o fará cos preliminares dos Campionatos Galegos individuais e de parellas que se desenvolverán os días 18, 19, 25 e 26 de xullo, así como as finais dos mesmos os días 1 e 2 de agosto nos campos de bolos da Casa de Cultura de Camos (Nigrán).

Posteriormente e se autoridades sanitarias o permiten, comezará a partir do 15 de agosto coa competición a nivel nacional, disputándose os Campionatos de España de bolo celta correspondentes. Todos estes campionatos cumprirán estritamente o protocolo de actuacións decretado polas Federacións Española e Galega de Bolos.