35 estudantes de Erasmus visitan Baiona

Aproveitando o final de curso, Baiona recibiu a visita dun grupo de estudantes universitarios extracomunitarios. O grupo integrábano estudantes de orixes tan dispares como Filipinas, Sri Lanka, Indonesia, Cambodia, Malaisia, India ou Namibia, os cales levan 10 meses cursando estudos na Universidade de Vigo.

Grazas á empresa Campus Spain, que se encarga de xestionar a estancia e a asistencia de estudantes de distintas partes do mundo integrados no programa ERASMUS, os universitarios realizaron unha visita polas zonas máis emblemáticas de Baiona, coñecendo a súa historia e quedando fascinados pola súa beleza e a súa hospitalidade.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e membros da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Baiona (ACEBA) recibiron ao grupo de estudantes no Salón de Plenos do Concello para agradecer a súa visita e presentar o ambicioso proxecto Baiona Campus Residencial Universitario. Tamén os acompañaron a visitar o Parador de Baiona, grazas á colaboración do seu Director, Francisco Plaza.

Todos os presentes coincidiron en que as características de Baiona son ideais para acoller a estudantes universitarios e crear un espazo residencial tranquilo e ben comunicado coa Universidade de Vigo.

Ademais, o desenvolvemento do proxecto Baiona Campus Residencial supoñería un importante elemento dinamizador para a economía de Baiona fóra de tempada, ademais dun elemento de intercambio cultural sumamente enriquecedor para os mozos baioneses.

2020-07-12 - foto 2