A Plataforma Gondomar Fibra Xa!, creada co obxectivo de reclamar uns servizos de acceso a internet decentes para Gondomar, convoca unha asemblea informativa para este sábado 11 ás 12:00 horas no Parque da Coelleira. “Dada a situación de bloqueo nos plans subvencionados de despregamento da fibra polo concello precisamos apoio e difusión veciñal para conseguir implicar e mobilizar ás institucións públicas responsables, e que estas esixan e acorden solucións coas empresas implicadas. Estamos a falar dunha carencia de subministro básico que é motivo crucial da fenda dixital e, polo tanto, xeradora de desigualdades en acceso á educación, cultura, traballo e capacidade produtiva, entre outras”.
A Plataforma Gondomar Fibra Xa! convoca este sábado unha asemblea informativa

