Unha unidade móbil de doazón de sangue estará hoxe en Parada e A Ramallosa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este xoves 9 de xullo o municipio de Nigrán. Estará situada diante do Centro Cultural da Carrasca de 16:00 a 18:30 horas e na Alameda da Ramallosa, ao carón da Casa da 3ª Idade, de 19:00 a 21:00 horas. Lembramos que desde o luns 23 de marzo, todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828, xa que comezouse a doar sangue mediante o sistema de cita previa para facilitar o acceso dos doantes e respectar escrupulosamente as medidas establecidas no Real Decreto 462/2020 do 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.