Gondomar celebra a festividade de San Cristovo

A parroquia de San Bieito de Gondomar celebra este venres 10 de xullo a festividade de San Cristovo, patrón dos condutores. Ás 12:30 horas comezará a misa cantada, seguida de procesión e bendición dos vehículos. Ás 20:00 horas será o último día da novena e ás 20:30 celebrarase unha misa e bendición do aceite.

Segundo a normativa vixente, será obrigatorio gardar todas as medidas de seguridade fronte ao Covid-19: uso de máscara, distancia de 1,5 metros, hixiene de mans con hidroxel…