A Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar abriu o prazo para solicitar as axudas para comedor escolar do vindeiro curso 2020-2021, que poderán presentarse entre o 15 de xullo e o 15 de agosto.
As bases, publicadas na sede electrónica, poderán tamén consultarse e descargarse na seguinte ligazón da páxina do Concello, onde atoparán os impresos que deberán presentarse cubertos no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica.
Os beneficiarios/as de axudas para comedor escolar deberán estar matriculados nun dos centros públicos de ensino do concello nos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria.
Darase prioridade á conciliación laboral dos pais traballadores e que precisen o servizo de comedor de luns a venres ou como mínimo tres días á semana, tendo preferencia os alumnos do concello de Gondomar.
Máis información no servizo de Benestar Social no teléfono 986 360168 ou no correo ssocial@concellodegondomar.com

