Rueda e Rajoy visitan Baiona tras percorrer un tramo do Camiño Portugués pola Costa

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, e o presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, percorreron esta mañá un tramo do Camiño Portugués ao seu paso polo Concello de Oia, acompañados pola alcaldesa, Cristina Correa, e outros membros da candidatura, para poñer en valor a importancia do Camiño Portugués e do Camiño Portugués pola Costa, polos qeu cada ano chegan case 100.000 peregrinos, o segundo itinerario máis transitado despois do Francés. “Unha fonte de orgullo, de tradición e cultura, pero tamén de riqueza e de emprego para a provincia”, sinala Rueda. Despois do percorrido, Rueda e Rajoy visitaron os concellos e Baiona, O Rosal e A Guarda.