Orquestra e electrónica fusiónanse no novo single dos baioneses Ludwig Van Brothers

Os djs e produtores baioneses Ludwig Van Brothers, Vince Stone e Roberto Vilar, lanzaron este venres o seu novo single. Trátase de “Calm Down”, a súa terceira colaboración con Annie Rose, tamén de Baiona, un tema no que fusionan a orquestra e electrónica de baile. “Un tema que para nós é persoal e que se sae do convencional”, afirma Vince Stone, que ademais destaca que foi un gran reto musical, “para poder crear esa fusión e que encaixe nunha harmonía adaptada a todos os tipos de contextos musicais”. O videoclip foi rodado no Auditorio V Centenario de Baiona por Samaín Producións, unha produtora audiovisual da Vila, con músicos da Escola de Música de Baiona, Vigo e Salceda.