Concerto de Two in the mirror en Baiona

A Concellería de Cultura de Baiona ofrece este xoves, día 2 de xullo, un concerto do dúo Two in the mirror, ás 23:00 horas no Parque da Palma. Formado por Noelia Álvarez (voz) e Paco Dicenta (baixo eléctrico, loops), interpreta versións de pop, soul, jazz e funk. A actuación está incluída no programa Baiverán 2020.