Nigrán abre o prazo de inscrición para os dous primeiros roteiros guiados deste verán

O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no primeiro dos roteiros guiados deste verán, que terá lugar este xoves día 2 ao carón do Castro de Chandebrito con saída ás 10:00 horas desde o bar da parroquia; o guía centrarase no castro, petróglifos, fontes, o bosque da memoria… Ao rematar haberá unha exhibición de lume prehistórico. O percorrido é de 3,5 km e a dificultade é baixa. A seguinte ruta será a do litoral e terá lugar o sábado 4 desde A Ramallosa a Monteferro, tamén con saída ás 10:00 horas. En ambos casos os interesados deben inscribirse previamente no mesmo mail indicando o nome do/s interesados e a data do roteiro no que desexa participar. As prazas se distribuirán por rigoroso orde de inscrición ao estar limitadas por protocolo sanitario. Os seguintes serán noutras localizacións os días 10,16, 18, 23, 28 e 30 de xullo.

Anuncios