Bai.senpulgas en números vermellos: “Necesitamos donativos para pagar débedas”

A protectora de animais Bai.senpulgas está en números vermellos e necesita donativos para pagar débedas. Este ano enfróntanse a un duro e obrigatorio retroceso por mor da pandemia. Non poden facer eventos recadatorios para paliar as débedas e por desgraza están a entrar moi poucos donativos á conta bancaria para pagar gastos veterinarios. Na actualidade, deben en veterinarios a cantidade de 3000 euros e tan só teñen en conta 360 euros. “Necesitamos un empuxón”, sinalan.

No que vai de ano, desde xaneiro a xuño, levan recollidos 7 cans e 18 gatos, e deron de baixa por adopción 24 cans e 23 gatos. Faleceron 7 gatos e 1 can. Actualmente na asociación hai 31 cans e 16 gatos.

GASTOS PRIMEIRO SEMESTRE 2020

➡️BAIONA:

✔️XANEIRO 1.753,75 EUROS
✔️FEBREIRO 2.215,78 EUROS
✔️MARZO 3.783,42 EUROS
✔️ABRIL 381,40 EUROS
✔️MAIO 353,98 EUROS
✔️XUÑO 1.143,29 EUROS

TOTAL BAIONA: 9.631,62 EUROS

➡️OIA

✔️XANEIRO 356,39 EUROS
✔️FEBREIRO 486,32 EUROS
✔️MARZO 1.203,20 EUROS
✔️ABRIL 602,00 EUROS
✔️MAIO 81,89 EUROS
✔️XUÑO 432,32 EUROS

TOTAL OIA: 3.161,43 EUROS

➡️OUTROS CONCELLOS (NIGRÁN, GONDOMAR, GOIÁN, VIGO…)

✔️XANEIRO 3.849,64 EUROS
✔️FEBREIRO 2.546,66 EUROS
✔️MARZO 2.867,69 EUROS
✔️ABRIL 1.843,22 EUROS
✔️MAIO 174,05 EUROS
✔️XUÑO 1.001,14 EUROS
TOTAL OUTROS CONCELLOS: 12.282,31 EUROS

➡️OUTROS GASTOS (PENSO, DESPARASITACIÓNS, MEDICACIÓNS, MATERIAL CONSTRUCCIÓN, TELÉFONO, ASESORÍA, SEGUROS…

✔️XANEIRO 1.356,92 EUROS
✔️FEBREIRO 436,76 EUROS
✔️MARZO 1.465,40 EUROS
✔️ABRIL 790,54 EUROS
✔️MAIO 1.448,16 EUROS
✔️XUÑO 1.367,46 EUROS

TOTAL OUTROS GASTOS: 6.865,24 EUROS

⭕⭕GASTO TOTAL PRIMEIRO SEMESTRE 2020: 32.940,60 EUROS⭕⭕

Todo aquel que queira colaborar pode facelo en cóntaa ABANCA ES30 2080 5015 6130 4002 8917, indicando nome completo e DNI, ou a través de Teaming ou PayPal. Máis información no teléfono 645 181 585 ou nos correos protectora.baisenpulgas@gmail.com, Socios.baisenpulgas@gmail.com ou Apadrinar.baisenpulgas@gmail.com.