Arde un vehículo cando circulaba por Gondomar

As lapas devoraron un vehículo cando circulaba pola EP-3102, no punto quilométrico 18,500, ao seu paso polo concello de Gondomar. Foi ás 15:45 horas da tarde cando o propio condutor contactaba co 112 Galicia para pedir axuda por mor dun incendio orixinado, posiblemente, no motor do seu turismo.

Con estes datos, os xestores de emerxencias do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Baixo Miño, dos membros do GES de Val Miñor, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, solicitouse a colaboración dos membros do servizo de mantemento da estrada.

Finalmente, segundo informou o servizo de extinción ao 112 Galicia, o vehículo ardeu na súa totalidade sen que ningunha persoa resultase ferida.

Anuncios