A directiva do Centro Cultural de Baíña dimite e convoca eleccións para setembro

FOTO: CENTRO CULTURAL DE BAÍÑA

A directiva do Centro Cultural de Baíña, que cumpría o seu segundo mandato, convocou eleccións un ano antes do previsto, serán para setembro deste ano. O motivo deste adianto electoral é a renuncia de todos os directivos da actual directiva provocado pola falta de boa relación coa Directiva da Comunidade de Montes, propietaria do edificio.

A directiva do Centro Cultural anima aos veciños para organizarse e presentarse e formar candidaturas para tomar a substitución para que as actividades, festas, eventos, labor social siga continuando e non se perda toda a actividade que estes anos logrouse crear.

As eleccións serán en setembro, dado que a asociación xa ten planificadas as actividades de verán e tamén dar así tempo a organizarse a posibles candidaturas. Do mesmo xeito a nivel sanitario se se celebran en setembro as eleccións garántense con máis seguridade sanitaria.

Nos próximos días informarase a todos os socios deste cambio de directiva e de organización das eleccións de setembro coa convocatoria de diversas asembleas extraordinarias.

A directiva do Centro Cultural quere dar as grazas en primeiro lugar a todos os seus socios, máis de 300, pola súa fidelidade, pola súa achega ás actividades e eventos, tamén agradecer o traballo de todos os profesores e monitores durante todos estes anos.