O alcalde de Nigrán, Juan González, lerá este venres ás 21:00 horas fronte á Casa Consistorial un manifesto en sinal de rexeitamento de calquera tipo de violencia ante o acontecido o venres 12 de xuño no barrio da Cruz (Camos) onde unha muller resultou gravemente atacada polo seu veciño. O alcalde realizará unha declaración oficial defendendo o diálogo pacífico como único medio para a solución de conflitos e posicionándose en contra de calquera violencia, sexa física ou verbal.
O alcalde de Nigrán lerá un manifesto contra todo tipo de violencia

