O prometido é débeda e en Prado, na parroquia de Morgadáns en Gondomar, luce xa un banco para todos os veciños e visitantes que queiran achegarse ao coñecido como “O Balcón do Val Miñor”, e poidan descubrir unha fantástica paisaxe.
O Concello de Gondomar, xunto coa Entidade Local de Morgadáns, atende así unha demanda histórica por parte dos veciños do municipio, e que agora é una realidade que permitirá gozar a todos das maravillosas vistas da Ría de Vigo, Baiona ou as Cíes, nunha contorna única como son os espazos naturais e verdes da Vila
Condal.

