Gondomar adáptase á nova normalidade na que entramos tras levantarse a alerta sanitaria e o fai pensando na responsabilidade institucional e social á hora de cumprir as medidas recollidas por lei para evitar novos contaxios e facilitar as medidas hixiénico-sanitarias que toda a poboación está obrigada a cumprir.
Por iso Gondomar dota de “fontes” dispensadoras de xel hidroalcólico para a desinfección das mans ao municipio. En total distribuiranse 11 en diferentes instalacións municipais como son os accesos do Consistorio, a Casa da Cultura, as dependencias de urbanismo ou da Policía Local.
Tamén na Praza da Paradela haberá unha columna dispensadora ao dispor dos veciños e veciñas que precisen do seu uso. Todas elas están dotadas de pedais, para evitar o menor contacto posible das mans cos dispensadores. Pavillóns, colexios ou instalacións deportivas son outros dos lugares nos que se estuda colocar estes dispensadores de xel.
Medidas de seguridade que se suman ás xa adoptadas polo Concello de Gondomar, que dotou as súas instalacións da sinalización necesaria para garantir en todo momento que se mantén a distancia de seguridade interpersoal de metro e medio entre as persoas que acoden a facer as súas consultas ás dependencias municipais, onde se instalaron biombos de separación naquelas nas que os funcionarios están de fronte atención ao público.
Así mesmo nas dúas últimas semanas fíxose entrega aos habitantes de máis de 3000 máscaras reutilizables.

