Declaración institucional do Concello de Nigrán contra todo tipo de violencia

O Concello de Nigrán ao que represento como alcalde desexa expresar publicamente o seu total e rotundo rexeitamento de calquera tipo de contra a integridade das persoas e os seus dereitos fundamentais ante o acontecido o venres 12 de xuño no barrio da Cruz (Camos) onde unha muller resultou gravemente atacada polo seu veciño, sendo preciso a súa hospitalización. Desde aquí, queremos aproveitar tamén a ocasión para trasladar a nosa solidariedade á vítima e a súa familia e desexarlle unha pronta recuperación.

O goberno local entende que non pode permanecer de brazos cruzados ante o clima de tensión que se vive neste barrio por mor de estas actitudes incívicas reiteradas que dificultan a boa convivencia entre veciños. É por iso que desde o Concello consideramos necesarios subliñar a importancia do diálogo pacífico como único medio para a solución de conflitos e se ofrece como mediador entre as partes para acadar un bo entendemento e evitar que situacións deste tipo se repitan. O Concello nunca estará do lado de quen empregue a forza física e non a palabra para impoñer argumentos ou feitos.

O recurso á violencia, sexa física ou verbal, non só atenta s, se non que nega calquera tipo de razón a quen a emprega e multiplica o odio, a intolerancia e o resentimento, agravando o conflito. Moitas veces o que exerce a violencia sinte que ten autoridade ou lexitimidade para facelo, chega ao punto de considerar que a súa non é unha conduta ilícita, se non permisible. Pois ben, desde o Concello de Nigrán consideramos necesario subliñar que agredir física ou verbalmente non é un comportamento lícito, nin permisible nin tolerable, é máis, é algo punible penalmente.

O perigo de acostumarse a convivir con pequenos ou grandes actos de violencia cotiás é que sen ser conscientes terminamos por naturalizala como parte da vida, o cal non é certo: os conflitos si son inherentes ao ser humano, e por elo inevitables, a violencia como mecanismo para resolvelos non o é, por iso debemos ser todos moi conscientes e actuar en consecuencia. Só o diálogo e o respecto garanten a boa convivencia entre veciños ante calquera desencontro que poida xurdir, por iso desde o Concello queremos incidir en que estamos aquí para a busca do maior entendemento posible entre as persoas nun marco de paz e concordia, nunca nun marco de agresións físicas ou verbais. Por todo elo, facemos un chamamento á calma, ao sentido da responsabilidade colectiva e á necesidade de confiar no diálogo e na Xustiza como único mecanismo válido para solucionar conflitos.

🎥 VIDEO: Declaración institucional do Concello de Nigrán contra todo tipo de violencia.

Publicado por Valmiñor TV en Viernes, 19 de junio de 2020

Anuncios