As rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo serán peonís o sábado e domingo

Os vindeiros sábado 20 e domingo 21 de xuño, as rúas Carabela Pinta e Cidade de Vigo estarán cortadas ao tráfico –agás para entrada a garaxes– e pasarán a ser peonís dende as 20:00 ata as 1:00 horas. Trátase dunha medida adoptada polo Goberno local coa finalidade de proporcionar máis espazos de paseo á veciñanza e visitantes, nas fins de semana “e ao mesmo tempo garantir o distanciamento social que marcan as normas sanitarias”.

Baiona é unha vila cunha fonda tradición de “vida na rúa” explica o alcalde baionés, Carlos Gómez, polo que era preciso adoptar medidas que, por unha banda permitan esa “vida de rúa” da que gustan tanto ás veciñas e veciños como ás persoas visitantes, e, por outra banda, “garantir a seguridade sanitaria de todos e todas”.