Un traballador sufre feridas de consideración tras cortarse cunha motoserra en Nigrán

O home, que presentaba unha ferida importante, no momento de producirse o accidente traballaba preto da estrada que une as parroquias de Chandebrito e Camos, no concello pontevedrés de Nigrán.

Faltaban cinco minutos para as seis desta tarde, cando os servizos sanitarios de urxencia informaban ao 112 Galicia da saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Con estes datos, os profesionais do 112 Galicia requiriron a intervención dos axentes da Garda Civil e Policía Local. Así mesmo, informaron aos voluntarios de Protección Civil para prestar apoio na aterraxe da aeronave, aínda que, os servizos sanitarios, finalmente, descartaron o envío do helicóptero.

O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encargouse da evacuación do ferido.