A Xunta entregará esta semana o protocolo coas medidas sanitarias de prevención da covid-19 nas verbenas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Verbena en Praia América.

A Xunta entregará esta mesma semana o protocolo que permitirá que as verbenas e festas de verán se celebren coas máximas garantías sanitarias de prevención ante a covid-19.

Así llo trasladaron hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, a representantes do sector durante unha xuntanza por videoconferencia.

Rueda recordou que este sector é “importante e fundamental, especialmente cando chegan estas épocas”, de aí que sexa necesario facilitarlles unha “certeza” que lles permita desenvolver a súa actividade coas máximas garantías sanitarias.

Neste sentido, agradeceu a responsabilidade dos empresarios que “poñer por riba de todo” a seguridade das persoas que vaian acudir ás verbenas durante este verán.

Este Protocolo virá a complementar as medidas de carácter xeral de prevención da covid-19 que se publicaron no Diario Oficial de Galicia o pasado sábado, e nas que se especificaba que as festas, verbenas, outros eventos populares e as atraccións de feiras poderán comezar a funcionar a partir do 1 de xullo, sempre que a evolución epidemiolóxica así o aconselle e seguindo as medidas sanitarias e de hixiene necesarias.

Anuncios