Unha empresa de lecer infantil de Nigrán ofrece campamentos a domicilio para este verán

Carla Muñoz é Licenciada en Biblioteconomía e Documentación pola Universidade de Salamanca. Tras desenvolver o seu labor en diversas bibliotecas públicas, e especializarse en literatura infantil e xuvenil e en tarefas de animación á lectura, en 2017 funda en Nigrán “Donde viven los cuentos”. Un proxecto que nace como librería pero evoluciona rapidamente a unha empresa de servizos plenos en lecer e formación infantil.

Este verán ofrece campamentos a domicilio para a zona do Val Miñor, como alternativa ás familias para que poidan conciliar con todas as garantías. “Se dispoñen dunha leira, unha zona común dunha comunidade, instalacións de asociacións de veciños, etc., nós podémonos encargar dos seus fillos con todas as garantías de seguridade e persoal cualificado. Só é necesario reunir polo menos 5 nenos (irmáns, curmáns, veciños, amigos) e nós encargámonos de que pasen un verán inesquecible”, asegura Carla.

As actividades estarán baseadas na Terra, o medio ambiente e a natureza. Todo desde un punto de vista lúdico e experimental, baseado nas pedagoxías activas. “Xogaremos coa auga, o vento, a luz, a terra, buscaremos insectos, construiremos cabanas e aprenderemos sobre as plantas e árbores da nosa contorna. Tamén ofrecemos actividades complementarias para as familias (observacións astronómicas, rastrexos…) para gozar do verán”.

As idades para contratar o servizo son desde os 3 ata os 12 anos e as datas nas que estará dispoñible o servizo serán desde o 22 de xuño ao 10 de setembro do 2020. Por exemplo, un campamento para 5 nenos de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, sairíalle a cada familia 300 €/neno/mes ou 4 €/h./neno.

Campamento de verán en Atobeira

“Donde viven los cuentos” tamén ten programado un campamento de verán no Club de Tenis Atobeira, no que os nenos e nenas poderán gozar ademais de clases de tenis impartidas polos adestradores do club.

Máis información sobre os campamentos a domicilio ou sobre o campamento de verán no teléfono 637 914 834.

2020-06-12 - Campamentos privados2020-06-12 - 101830553_1368880766833521_8765147705543551217_o