Nigrán inaugura o seu primeiro “banco contra a transfobia”

O Concello de Nigrán inaugura este sábado 13 de xuño o seu primeiro banco contra a transfobia no marco da “Semana da Diversidade Sexual” que organiza xunto á Sociedade Galega de Sexoloxía e a Asociación de Familias de Menores Trans Chrysallis. O mesmo está pintado cos colores da bandeira transxénero (rosa, azul e branco) e o lema “Non á Transfobia”, e está xa instalado na propia Praza do Concello, núcleo do centro urbano de Nigrán. O obxectivo é ofrecer a través del una mirada positiva e tolerante, tanto da diversidade como do colectivo LGTBI, e de visibilizar estas realidades. Nigrán súmase así a outras cidades de todo o país que tamén apostaron por estes bancos para amosar o seu apoio ao colectivo trans. Paralelamente, desde inicios de semana a bandeira LGTBI está colgada na fachada do consistorio.

Esta inauguración encádrase nas xornadas online que durante toda a mañá se desenvolverán desde o Concello. O encontro foi inaugurado ás 10:00 horas polo alcalde de Nigrán, Juan González; a edil de Asuntos Sociais, Bibiana Peixoto; a presidenta de Sogasex, Purificación Leal, e a presidenta da Asociación de Familias de Menores Trans Chrysallis, Soledad Fernández. Durante o mesmo intervirán psicólogos expertos en educación sexual, sexólogos, activistas LGTB ou un pediatra. Ademais, abrirase un diálogo co público participante, que poderá tamén asistir telemáticamente a unha exposición ao respecto das xornadas no Auditorio Municipal.

Anuncios