A Real Federación Motociclista Española pechou hoxe o novo calendario do Campionato de España de Trial. Esta competición nacional volverá á acción a fin de semana do 11 e 12 de xullo en Pobladura de las Regueras (León) con todas as categorías en liza.
A partir de aí viaxará o 26 e 27 de setembro a Baiona (Pontevedra) para facer unha carreira de dous días con puntuación independente. O mesmo sucederá o 17 e 18 de outubro en Ripoll (Girona). A tempada pecharase en Cal Rosal (Barcelona) o 15 de novembro con TR1, TR2, TR3, TR4, Júnior, Cadete e TR1 Feminino.
A proba a celebrarse en Baiona, organizada pola Peña Moteros Val Miñor, estaba prevista inicialmente para os días 14 e 15 de marzo, pero foi suspendida a causa do Covid-19.

