A Camoesa organiza a 5ª Andaina San Roque de Camos

A Asociación Cultural “A Camoesa” organiza o domingo 5 de xullo a súa 5ª Andaina San Roque de Camos, con saída ás 9:00 desde o Centro Cultural e con regreso previsto ás 13:30 horas. Trátase dun itinerario circular de 15 quilómetros con dificultade media/alta polos arredores do Val Miñor.

O prezo da inscrición é de 6 euros, e inclúe seguro, bocadillo, auga, froita e agasallo. Máis información e inscricións ata o 3 de xullo no teléfono 661 921 026 (Yoyo). Pago na conta da Asociación Cultural “A Camoesa” en Abanca (ES38 2080 5052 1430 4001 2445), indicando no concepto Andaina Nome DNI (Exemplo: Andaina Pablo XXXXXXXXM). Despois hai que enviar foto do comprobante.