O Baíña Fútbol Sala xa pensa na tempada 2020/21

O Baíña Fútbol Sala continúa a súa planificación de cara a vindeira campaña, 2020-2021, e abre o prazo de preinscrición para os xogadores que xa pertencían ao club e tamén para todos aqueles que queiran probar o fútbol sala no próximo curso. Dende os 4 ata os 18 anos, nenos e nenas, dende xabarín ata infantil en equipos mixtos. En cadete contan tamén con equipo feminino.

O club conta con adestradores titulados, un coordinador deportivo, Daniel Álvarez, licenciado en INEF, e un director de metodoloxía, David Pérez, que é ademais o adestrador dos equipos de Nacional. Escola de valores integrada nos adestramentos.

O Baíña este ano contou con mais de 100 xogadores repartidos en 12 equipos, equipos en ligas galegas, provinciais e locais. Moitos dos xogadores son de Baiona, pero tamén conta con nenos dos concellos limítrofes de Nigrán, Gondomar ou Oia.

Máis información no teléfono 617 90 27 30 (Daniel).