Incendio supostamente intencionado en leiras a monte próximas a vivendas en Donas

FOTO: POLICÍA LOCAL DE GONDOMAR // Incendio en Barga, Donas.

Unha patrulla da Policía Local de Gondomar, en colaboración cos veciños da zona, interveu con caldeiros e mangueiras domésticas para sufocar un incendio en leiras particulares deixadas a monte próximas a vivendas en Barga, no rural da parroquia de Donas. Finalmente, coa chegada de efectivos de extinción de incendios do GES Val Miñor e Medio Rural da Xunta de Galicia, asegurouse e refrescouse a zona afectada duns 1.000 m2. A Policía Local, que baralla a posibilidade de que o incendio puidera ter sido intencionado, identificará a través de Urbanismo ao propietario destas fincas rústicas e fará a correspondente proposta de sanción por tratarse de parcelas sen limpar en terreo non forestal.

INCENDIO EN BARGA, DONAS
FOTO: POLICÍA LOCAL DE GONDOMAR // Incendio en Barga, Donas.
Anuncios