Podemos Nigrán pide a reactivación presencial dos servizos sociais

Dende o Circulo Podemos Nigrán instan ao Concello de Nigrán á reactivación da actividade presencial dos Servizos Sociais coa máxima celeridade. Os usuarios da Renda de Inclusión Social de Galicia dependen das entrevistas persoais para que a tramitación de dita axuda sexa favorable.

As familias da contorna e usuarias de Servizos Sociais multiplicáronse coa situación derivada da crise sanitaria que estamos vivindo. Estes veciños e veciñas dependen do banco de alimentos ou de doazóns de empresas privadas de alimentación, que desgraciadamente non cobren as súas necesidades básicas. Este tipo de axuda ofrécelle certa autonomía para ter unha vida un pouco máis digna.

Polo que solicitan a contratación de persoal substituto das profesionais que se atopan de baixa, ou a reincorporación inmediata das traballadoras que estean facultadas para tramitar ditas axudas.

Anuncios