O Baíña FS pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos

O Baíña Fútbol Sala pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos en colaboración coa ONG “Ayuda al Mundo Necesitado” de Baiona. O vindeiro venres 29 de maio farase unha recollida de diversos produtos co fin de repartilos ás familias de Baiona que máis o precisan. De 11:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas, recolleranse no Centro Cultural de Baíña alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza, de hixiene persoal, etc.

Anuncios